O Vello Cárcere e os silencios
Hai decisións que retratan unha forma de entender a democracia. E despois están os silencios, que ás veces a retratan aínda mellor. A negativa de Candia a permitir o acceso do Goberno ao Vello Cárcere de Lugo para celebrar o recoñecemento do espazo como Lugar de Memoria non pode despacharse como unha simple discrepancia institucional….
Primeiro mes de goberno: moito ruído e poucas noces
Un mes despois do cambio de goberno, o balance comeza a debuxar un escenario bastante familiar. A moción de censura presentouse con urxencia e coa promesa de reconducir o rumbo, aínda que o paso do tempo vai deixando unha impresión distinta. Quizais as présas eran máis por ocupar a cociña que de cambiar realmente o…
Un incendiario ao mando dos bombeiros?
Hai decisións políticas difíciles de comprender. E despois están as que parecen unha broma de mal gusto. Durante anos, numerosos veciños denunciaron as consecuencias dun modelo de lecer nocturno que converteu o descanso nun luxo. Ruído ata altas horas da madrugada, alteracións constantes da convivencia, sucidade e a sensación de que o dereito duns poucos…
Reconquistar sen cambiar nada
Pasadas as primeiras semanas desde a moción de censura que levou ao PP á alcaldía de Lugo, o anterior goberno PSOE/BNG semella decidido a reconquistar o concello. Ata aí, nada estraño. O verdadeiramente interesante é o método elixido, apostar exactamente por aquilo que os conduciu ao fracaso. Practicamente as mesmas caras, as mesmas dinámicas e,…
Semana I do novo goberno. Lugo abandona a UCI… segundo o parte inicial da reconquista
Tras a moción de censura, presentada como unha resposta á necesidade urxente dun cambio na acción de goberno que levou a Elena Candia á alcaldía co apoio dunha concelleira tránsfuga, o novo goberno municipal xa comezou a marcar perfil propio. E, como adoita ocorrer en política, as primeiras decisións serven para entender bastante ben cales…
Candia a 1 tránsfuga de gañar eurovisión
A poucas semanas do certame anual de Eurovisión, as casas de apostas detectan un cambio nas tendencias. Suecia mantén a balada nórdica de rigor, Italia leva unha canción imposible de sacar da cabeza e España, por primeira vez en anos, presenta unha candidatura verdadeiramente competitiva: Candia e o seu tema “Moción de censura (feat. Un…
Candia quita a careta e o que hai debaixo vaite sorprender (ou non tanto)
Durante anos, Elena cultivou con esmero esa imaxe de proximidade que tanto gusta en política, sorriso medido, palabras coidadosamente temperadas e unha habilidade case artística para dicir moito sen comprometerse a nada. Pero esta semana, Elena decidiu quitarse a careta. E o que aparece debaixo non é un monstro, nin un vilán caricaturesco… senón algo…
Peato-privatizacións
Ano 2017, o Concello de Lugo presume da peonalización da Rúa Menorca tal e como se pode ver neste enlace. Na nota de prensa do 13 de marzo falaban de “humanización” e de rematar co estacionamento indebido. Ano 2025, a Rúa Menorca convertida nun concesionario ao aire libre. Coches ben aliñados ocupando o espazo que…
Déjà vu
Déixenme que lles conte unha sensación de déjà vu que me produce a situación no Concello de Lugo. En Vigo, alá polo 2003, o PSOE pactou co BNG para formar goberno. Duraron o que dura un verán en Galicia sen choiva. Aos seis meses, moción de confianza mediante, o PP levou a alcaldía case sen…
O Padriño 4
Ai, a política… esa nobre arte de servir ao pobo. Servilo en bandeixa de prata, claro, para que os subalternos de turno poidan repartilo coa súa familia como se fose pasta fresca un domingo. Porque, imos a dicilo sen rodeos, moitos dos que nos gobernan non chegan ao poder pola súa loita contra a corrupción,…
- 1
- 2
